Festival de Habaneras de ASOMAMOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

14/10/18

Novena edición do Festival de Habaneras de ASOMAMOS

Celebrarase o 14 de outubro ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas

O auditorio do Multiusos das Pozas acolle o “IX FESTIVAL DE HABANERAS E POLIFONÍA” que organiza ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, coa colaboración do Concello de Mos.

O evento musical celebrarase o vindeiro 14 de outubro ás 19:00 horas con entrada libre ata completar o aforamento.

Ademais da Coral de ASOMAMOS, actuarán a Coral Polifónica San Telmo de Tui e a Coral Polifónica Perla del Atlántico de Vigo.