I Festival “DeMostra”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

16/09/18

Mos presume de cultura urbana co I Festival “DeMostra”
• O vindeiro 16 de setembro nas inmediacións do Multiusos celebrarase unha xornada ligada aos elementos que compoñen e viran ao redor da cultura urbana para o goce de mozos e adultos
• Entre as actividades programadas haberá obradoiros de Grafiti, Skate ou
BMX; así como exhibicións das mesmas disciplinas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro, e a edil de Cultura, Sara Cebreiro, membros da organización e público potencial do evento, presentaron a primeira edición do festival de cultura urbana “DeMostra”.
“DeMostra” nace baixo o concepto de revitalizar o municipio de Mos nunha única data chea de dinamismo, cargada de entusiasmo e actividades. Coas cales idéase aproximar a cultura urbana ás mozas e mozos mosenses, como tamén á poboación das localidades próximas que se achegue ata o evento.
O desenvolvemento do festival “DeMostra” está programado para que se desenvolva durante toda a xornada do próximo 16 de setembro en horario de 11:00 horas a 21:00 horas, no contorno do Edificio Multiusos das Pozas. Esta localización facilitará o ambiente distendido e permitirá tamén aproveitar as propias estruturas coas que conta o emprazamento ao seu ao redor, ligadas ás actividades que se realizarán.
Colaborando coa dirección do evento atópanse outras organizacións e colectivos como “Vella Escola”, “Mondaka D.I.E. Skatepark” ou “WS Skateboard” que se encargarán de supervisar e impartir os distintos obradoiros que se sucederán ao longo do día capitaneados por expertos nas distintas disciplinas que se dividirán nas incribles modalidades de: “Grafiti”, “Beatbox”, “Breakdance”, “Parkour”, “Skate” e “BMX”.
Tamén contarase, durante o transcurso do evento, de diversos “Food
Trucks” para o goce de todos os asistentes; que axudarán a amenizar a estancia e evitarán que ninguén pase fame nin sede durante o evento, ao tempo que darán un toque de frescura.