II Foro de Emprego Actitude

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

14/09/18

II Foro de Emprego Actitude que se celebrará no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso o venres 14 de setembro en horario de 09.00 a 14.00 horas. Os interesados en inscribirse poden facelo a través de http://actitudempleo.es
Ademais dos 85 usuarios/as do PIE (Plan Integrado de Emprego) e de todo aquel interesado en asistir, estarán presentes neste foro Alfonso Marnotes González, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, a rexedora local mosense, o edil de Emprego, e 5 empresas punteiras que presentarán as súas respectivas compañías e explicarán cales son os seus requerimentos mínimos imprescindibles para os candidatos que se presentan aos seus procesos de selección.

Ditas presentacións corporativas correrán a cargo das empresas, Benteler, Grupo Tendam (Cortefiel, Pedro del Hierro, Springfield, Women´s Secret, Fifty), Citic Hic Gándara Censa, Ballesol e Adecco. Esta última ofrecerá tamén a ponencia titulada “Toma vantaxe: coñece o mercado laboral, as competencias laborais e as técnicas de selección”, tras a que se realizará un obradoiro eminentemente práctico onde se analizará a actualidade do mercado laboral na bisbarra, definindo cales son os perfís profesionais máis demandados polas empresas a día de hoxe.
Así mesmo, definirase qué é unha competencia laboral, cales son as máis importantes e explicarase que técnicas son as máis utilizadas para a súa avaliación dentro dun proceso de selección. Exporase de xeito práctico esas técnicas e traballarase sobre elas.
Outra das ponencias será Quick Up – “Avaliación de destrezas nos procesos de selección”. Cada vez é máis frecuente atoparse nos procesos de selección con probas para a avaliación de destrezas ou habilidades específicas que, en ocasións, poden desconcertar aos/ás candidatos/as.
Neste obradoiro exporase como se deseña un proceso de selección co obxectivo de explicar o papel que cumpren este tipo de probas e a información que aportan ao persoal técnico de selección. Asemade, repasaranse as diferentes tipoloxías de probas deste tipo que soen utilizarse, intentado explicar que busca avaliar cada unha delas. O obxectivo que se persegue é que as persoas asistentes poidan coñecelas para saber como afrontalas.