III Trofeo Rosaleira Vila de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

02/06/18 - 03/06/18

O Pavillón Óscar Pereiro acolle esta fin de semana o III Trofeo Rosaleira Vila de Mos
Pasarán polas instalacións deportivas mosenses un total de 500 participantes de 18 clubs de toda Galicia

O club de patinaxe mosense Rosaleira organiza o seu III Trofeo Rosaleira Vila de Mos que se celebrará os vindeiros días 2 e 3 de xuño no Pavillón Óscar Pereiro.
Trátase do evento máis importante deste club deportivo mosense, no que participarán un total de 500 patinadores/as procedentes de 18 equipos de toda Galicia.
A próxima será unha fin de semana protagonizada polo patinaxe no Pavillón Óscar Pereiro, que acollerá o sábado 2 de xuño a competición de grupos de show e o domingo día 3 a de individuais.