‘Maio sobre Rodas’

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

06/05/18 - 27/05/18

O Concello de Mos vivirá un mes de ‘Maio sobre Rodas’
A iniciativa, enmarcada no programa Ocio en Familia, está organizada pola concellería de Participación Cidadá e conta coa colaboración da Policía Local e Protección Civil

A concelleira de Participación Cidadá do Concello de Mos, Julia Loureiro, informou hoxe de que todos os domingos do presente mes de maio pola mañá levarase a cabo dentro do programa Ocio en Familia a iniciativa ‘Maio sobre Rodas’. Concretamente a actividade desenvolverase os días 6, 13, 20 e 27 de maio a partir das 11.00 horas. Os destinatarios/as son nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e os seus familiares.
“Coa chegada da primavera e do bo tempo, o Concello de Mos programa un mes para que os/as mosenses saian á rúa a desfrutar de diferentes actividades de tempo libre. A idea, é que as familias de Mos desfruten do noso entorno, dos diferentes espazos verdes coñecendo diferentes localizacións e animadas cunha ampla diversidade de actividades para que os/as máis pequenos/as as desfruten”, declarou a edil Loureiro.

Este programa, denominado ‘Maio sobre Rodas’, está ideado para que todos os domingos durante o mes de maio (en vistas á ampliación no mes de xuño se a actividade ten boa aceptación), a zona do Multiusos das Pozas (Petelos) se convirta nun espazo seguro e acotado ao aire libre, no que as familias de Mos poidan desfrutar con vehículos propios, de uso no tempo de ocio (con patíns, patinetes, bicicletas, vehículos teledirixidos e vehículos a motor, etc.). Ao tempo que se aproveitará a actividade para que os profesionais (Policía Local, Protección Civil, Educadores, etc…), lles dean pautas e normas do que debería ser unha boa circulación.

Os obxectivos desta iniciativa son crear un espazo acotado ao aire libre, para que as as familias de Mos convivan no seu tempo de ocio, dar a coñecer aspectos relativos á seguridade viaria, divulgar condutas correctas na circulación, recibir formación en baile (Break Dance) e canto (Rap), dinamizar o espazo e entorno do Multiusos dunha maneira segura e empregar os vehículos de ocio dunha maneira conxunta.
O espazo que se habilitará comprende dende a rotonda do Multiusos ata a Capela de San Amaro. Pecharase ao tráfico para que as familias que acudan cos seus rapaces e rapazas poidan desfrutar dunha serie de actividades relacionadas con vehículos de rodas. Deste xeito, ademais de crear un espazo específico para disfrutar deste tipo de actividades, reforzarase a formación en educación viaria impartida nos CEIP´s de Mos.

Os participantes terán que acudir cos seus vehículos de rodas sen motor ou a motor (bicicletas, triciclos, patíns, patinetes, vehículos teledirixidos, pequenos vehículos a motor, etc….). Na actividade haberá diferentes circuítos e haberá karts sen motor e triciclos para poder deixar en préstamo aos participantes.

As actividades que se levarán a cabo durante as catro xornadas de domingo do mes de maio son circuíto de vehículos sen motor (karts, bicicletas, patinetes, etc.) e sinalización viaria, circuíto de vehículos con motor (minimotos, karts con motor, etc….), cicuíto de vehículos teledirixidos, circuíto de patinaxe e zona de skate. Os domingos 20 e 27 de maio, ademais dos distintos circuítos, contarase con exhibición aprendizaxe de Break Dance e Rap.