Memorial Constante Lago

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

24/06/18

O Pazo de Mos acolle o Certame de Corais VIII Memorial Constante Lago
Organizado por Asomamos, celebrarase o domingo a partir das 19.00 horas da tarde

Continúa a programación cultural con motivo das Festas da Rosa e esta fin de semana celébrase, concretamente o domingo 24 de xuño ás 19.00 horas, o Certame de Corais VIII Memorial Constante Lago.
Será no Pazo de Mos, con entrada libre e de balde ata completar aforamento, e contará coa participación dos alumnos/as da Escola Maison do Porriño, a Coral Santa Eulalia do Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, e da Coral Asomamos da Asociación de Maiores de Mos, organizadora deste evento musical.