Obradoiro de axilidade mental

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

05/04/18 - 28/06/18

Obradoiro de axilidade mental no Centro de Día
As instalacións, sitas na antiga Casa Reitoral de Petelos, acollerán a actividade que se impartirá todos os xoves de abril a xuño e para a que xa se atopa aberto o prazo de inscrición

A concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, AFAGA, organizan no Centro de Día de Petelos (sito na antiga Casa Reitoral da devandita parroquia) un obradoiro de axilidade mental para maiores titulado ‘Cultiva a túa mente’.
A actividade impartirase todos os xoves en horario matinal, de 11.00 horas a 13.00 horas, dende o vindeiro mes de abril ata xuño.
A actividade é gratuíta e o número de prazas ofertado é limitado, polo que os/as interesados/as en participar deberán formalizar a súa inscrición previamente no departamento municipal de Servizos Sociais.