Obradoiros de Nadal e Surfeamos no Nadal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

12/12/19 - 07/01/20

Mos concilia no Nadal

As familias mosenses contan coa alternativa das actividades de Obradoiros de Nadal e Surfeamos no Nadal para os cativos durante as vacacións navideñas

 

O Concello de Mos organiza sendas iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal consistentes nos Obradoiros Infantís de Nadal e na actividade Surfeamos no Nadal.

En ambas iniciativas o prazo de inscrición atópase aberto, para os obradoiros rematará o venres 13 de decembro e para actividade de surf o luns día 16.

Os Obradoiros Infantís de Nadal impartiranse no Multiusos das Pozas en horario matinal de 09.00 horas a 14.30 horas durante os días 23, 24, 16, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro. O prezo total da actividade é de 70 euros por neno/a participante que corresponden a 8 euros por día. Os cativos participantes deberán ter idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Surfeamos no Nadal realizarase os días 23, 26 e 27 de decembro impartido por Prado Surf. A actividade vai dirixida a rapaces de 10 a 17 anos e ten un custe de 39 euros. O horario (con saída e regreso desde o Multiusos) será de 10.00 horas a 14.00 horas.