Peluquería Solidaria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

28/09/19

Perruquería solidaria en Mos

Cortes de pelo e peiteados mesturaranse o 28 de setembro con música, danza e moda para axudar a AECC Mos

A conselleira de Política Social, Fabiola García, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Igualdade, Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, e o promotor do acto, Ángel García de ‘Ángel Estilistas’, presentaron no Multiusos das Pozas o evento de ‘Peluquería Solidaria’ que terá lugar o 28 de setembro no exterior do Pazo de Mos para recaudar fondos en beneficio da Asociación Española contra o Cancro AECC, Xunta Local de Mos.

Esta idea surxiu fai xa dous anos, en 2017, co obxectivo de axudar a colectivos sensibles de Mos, como iniciativa do perruqueiro mosense, Ángel García. O formato da actividade consistirá en que os asistentes á mesma poderán cortar o pelo ou peitearse por un prezo simbólico mercando previamente un ticket de participación. E ademais ao longo da xornada haberá outras actividades de lecer, culturais e musicais para o goce e entretemento de tódolos asistentes.

O horario da actividade será de 16.00 horas a media noite, tempo durante o que os asistentes poderán cortar o pelo ou peitearse polo simbólico prezo de 5 euros que serán doados a AECC Mos.

Ademais ao longo da xornada haberá actividades para nenos, desfiles, concertos, baile, etc. Haberá un total de 11 perruqueiros/as convidados ao servizo dos asistentes.

Nas propias palabras de Ángel García, “o que pretendemos é que a xente se involucre e o pase ben, se logo queren cortar o pelo ou peitearse perfecto. Ademais quen queira colaborar económicamente sen facerse ningún tratamento de perruquería tamén pode”. García espera “que o evento deste ano saia ben, e alédase profundamente de ter podido darlle continuidade no tempo e repetilo xa neste terceiro ano, e que así sexa en moitas máis sucesivas edicións”.

Os horarios das actividades serán os seguintes:

De 16:00 a 18:30 horas actividades para nenos

Ás 19.00 horas exhibición a cargo de MaiSon

Ás 20.00 horas exhibición de baile a cargo de La Casa de Andalucía de Vigo

Ás 20.30 horas desfile de xoias a cargo da Escuela de Joyería de Vigo

Ás 21.00 horas desfile de roupa a cargo das Palilleiras de Mos

Ás 21.30 horas actuación de copla a cargo de María Vidal

Ás 22.00 horas concerto do grupo Algarabía

Ás 23.00 horas actuación de baile moderno a cargo de Miriam Pino

E, por último, ás 23.30 horas, desfile de moda a cargo da tenda Top Class, de Elena Rial e de Pura Vida