Pleno Ordinario mes de marzo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

29/03/17

  1. Pleno do Concello, sesión ordinaria. Terá lugar o vindeiro día 29 de marzo de 2017, mércores, no Salón de Actos  do Pazo de Mos, ás 10:00 horas, en primeira convocatoria.
  2. O ORDE DO DÍA será o seguinte:
  3. Aprobación do borrador da acta da sesión anterior (27 de febreiro de 2017).
  4. Desestimento do procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, e aprobación, no seu caso, do novo expediente de contratación.
  5. Modificación da Ordenanza Reguladora de Auto-Taxi.
  6. Aprobación expediente suplemento de crédito 01/17.
  7. Dación de conta da liquidación do exercicio económico de 2016.
  8. Dación de conta do informe de estabilidade orzamentaria da liquidación do orzamento xeral correspondente ao exercicio de 2016.
  9. Dación de conta do Plan Concellos 2017.
  10. Resolucións alcaldía.
  11. Comunicacións da alcaldía.
  12. Mocións
    • Moción para promover a economía de proximidade mediante a creación dun mercado veciñal de horta.
    • Moción do grupo municipal do B.N.G. de Mos para a realización de melloras no CEIP de Atín.
  13. Rogos e preguntas.