Presentación app “BANDOMOVIL”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

05/06/18

Mos continúa incorporando as vantaxes das novas tecnoloxías e pon en marcha a app “BANDOMOVIL”

Mañá celebrarase unha reunión aberta a toda a veciñanza que estea intesesada en instalar a aplicación no seu teléfono para así recibir información local en tempo real e poder interactuar co Concello comunicando incidencias ou remitindo suxestións

O Concello de Mos convocou ás asociacións veciñais e culturais do municipio, así como aos habitantes da localidade mosense en xeral á presentación dunha nova aplicación móbil municipal que leva por nome “BANDOMOVIL”.

A devandita presentación terá lugar mañá martes, 5 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Axencia de Colocación. Durante a mesma informarase ao/ás presentes de como baixar a aplicación nos seus smartphones, axudaráselles a instalala se están interesados/as en facelo e impartirase unha sesión tutorial de que utilidades ten e como funciona a app.

Esta iniciativa está promovida pola concellería mosense de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto. “BANDOMOVIL” é unha ferramenta nova existente que vai a permitir que os/as seus/súas usuarios/as estean informados/as as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello.

Á a súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipáis, de modo que os/as veciños/as usuarios/as da mesma poidan enviar comunicacións sobre a caída dun arbol, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc.,… Así como propostas de mellora que queiran facer e ademais recibirán todo tipo de información de calquera evento de interese para toda a veciñanza.

Soto explicou a este respecto que “debido a que hoxe en día o uso do móbil está tan extentido, esta aplicación terá unha utilidade sinxela, e de grande alcance para tódolos usuarios que se decidan e se animen a instalala e utilizala nos seus dispositivos. O obxectivo é que toda a veciñanza estea informada de forma instantánea, de todo o que suceda no municipio; ao tempo que sexa unha ferramenta que promova a interactividade entre a administración local e o seus habitantes promovendo a cercanía e a mellora dos servizos e prestacións municipais”.

Información, interacción e servizo en tempo real son os tres obxectivos principais que se pretenden acadar coa posta en marcha da app municipal “BANDOMOVIL”.