PROGRAMA DE MENTORIZACIÓN E COACHING

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

14/02/18 - 19/02/18

O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto Abadín, informou hoxe que dende a Axencia de Colocación de Mos, está organizando unhas xornadas de grande interese, dirixidas a “todas aquelas persoas que queren profundizar no seu obxectivo profesional e nas súas ideas emprendedoras, que non quere dicir, que desemboquen en proxecto empresarial, senón, que axudarán a tódolos asistentes a definir o seu obxectivo profesional”.

Grazas a colaboración de expertos en diferentes materias, organizáronse unhas xornadas de 4 días de duración, nos que se vai a traballar coa metodoloxía Canvas, dunha maneira informal e dinámica.

Pablo Osorio Diéguez, un dos dinamizadores das xornadas é Licenciado en Ciencias políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, e é socio fundador do Impact Hub Vigo, unha rede global de innovación socila, e é un experto en materias relacionadas coa estratexia empresarial, mentor das xornadas Start-Up Pirates de Vigo e Ourense,  director comercial e de marketing de varias empresas, …

Amalia Seijo Martínez, é diplomada en Graduado Social, e experta en xestión de puntos de venta, negociación con proveedores, atención ao cliente, escaparatismo, e dinamización do negocio.

Xosé López Tubío, é socio fundador de do Pazo Consultores, e promotor do Punto PAE (Punto de atención ao Emprendedor) do Igape no municipio. É un experto en xestión empresarial.

Marco García, é  xerente da AGDR14, e foi así mesmo xerente da AGDR18. É un experto en proxectos empresariais e financiación europea Leader.

 

Pablo Osorio e Amalia, van a ser os dinamizadores das Xornadas, que fundamentalmente van a estar dirixidas a avaliar os proxectos profesionais dos asistentes a través da Metodoloxía Canvas, e van a ser os Mentores ao longo dos catro días do proxectos profesionais/empresariais dos asistentes. As xornadas completaranse coa intervención dos dous expertos en creación e xestión de empresa, Xosé López Tubío e Marco García, para definir os proxectos empresaríais ou ideas de negocio máis en profundidade, daqueles asistentes cun perfil máis emprendedor, afondando en cuestións económico-financeiras e axudas para a creación da empresa.

 

PROGRAMA DE METORIZACIÓN DE PROXECTOS PROFESIONÁIS E COACHING PARA O DESENVOLVEMENTO DE IDEAS

Obxectivo: A través do programa preténdese espertar nos asistentes a ilusión de iniciar un proxecto persoal e profesional, encontrando desa maneira o camiño máis adecuado para acadar o obxectivo que pretenden.

Metodoloxía: Nun entorno de aprendizaxe informal e innovador, a través dunha combinación de conceptos teóricos, aplicacións prácticas, actividades lúdicas, apoio de mentores e métodos de coaching ou de motivación, fomentarase o desenvolvemento de ideas, que lles aporten aos asistentes ferramentas para definir o seu obxectivo profesional ou a súa idea emprendedora.

 

 

14 FEBR.

10-13:30 h

  • Presentación perfiles profesionais dos relatores e presentación dos que se pretende realizar nestas xornadas.
  • Detección, por unha banda dos intereses dos asistentes ás xornadas, dentro da temática das mesmas: proxecto profesional ou empresarial, cales son as súas necesidades principais, que dificultades se atoparon…
    • Detección de necesidades
    • Detección de dificultades
  • Importancia do coñecemento dun mesmo e do coñecemento do noso entorno.
  • Presentación de distintos foros de emprendemento en Galicia
  • Que obxectivo queres acadar? Como acadalo?
  • Píldora formativa de Motivación e exposición dalgúns casos de éxito.

15 FEBR.

10:00-13:30 h

  • Presentación da metodoloxía e casos prácticos para levala á práctica.
  • Sobre 12:30- 12:45…. Ao remate do Canvas, os expertos dinamizadores das xornadas, poñeríanse a disposición dos alumnos que se quixesen quedar para traballar nos seus plans e ideas de negocio, dunha maneira mais pormenorizada e na medida do posible individualizada. Cremos que estaría ben pasar unha enquisa de satisfacción ao finalizar as xornadas para avaliar as accións levadas a cabo e corrixir os fallos que se puidesen cometer para próximas actuacións similares.

16 FEBR

10-13:30 h

  • Repaso dos conceptos, caso práctico e traballo nos plans profesionais e/ou de negocio/ideas empresariais dos alumnos.
  • Píldora formativa: Atención ao cliente/Xestión punto de venta/ Marketing

19 FEBR.

10:00-11:00 h .- Aspectos importantes a ter en conta para elaborar un Plan de empresa – Plan económico financieiro –  (Colaborador SAE do Punto PAE; Xosé López Tubío, experto xestión empresarial)

11:00 – 12:00 h .- Axudas para a creación de empresa (Colaborador SAE/PAE, Xosé López Tubío e Marco García, xerente da AGDR14 – EU RURAL)
12:30 H en diante, os expertos dinamizadores das xornadas, poñeríanse a disposición dos alumnos que se quixesen quedar para traballar nos seus plans e ideas de negocio, dunha maneira mais pormenorizada e na medida do posible individualizada. Cremos que estaría ben pasar unha enquisa de satisfacción ao finalizar as xornadas para avaliar as accións levadas a cabo e corrixir os fallos que se puidesen cometer para próximas actuacións similares.