Programación de Nadal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

06/12/19 - 07/01/20

O Concello de Mos acende o alumeado de Nadal cunha gran sorpresa

A alcaldesa anunciou hoxe na presentación da programación navideña municipal que no acto de acendido do venres desvelarase un agasallo inesquecible para os mosenses

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, e a edil de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, presentaron esta mañá no Belén do Pazo de Mos a programación de Nadal deste ano, que se abrirá o vindeiro venres, 6 de decembro, ás 18.00 horas, co acto oficial de acendido do alumeado navideño na rotonda das Angustias en Sanguiñeda. A rexedora local anunciou durante a presentación que “o acendido do alumeado de Nadal deste ano será o máis especial e inesquecible da historia de Mos porque temos unha gran sorpresa, un gran agasallo, para todos os mosenses, que desvelaremos ese día; por iso animo a toda a veciñanza a participar connosco dunha tarde chea de ilusión”.

O acto de acendido de luces comezará ás 18.00 horas cun concerto de “Uxía Lambona e a Banda Molona” seguido de chocolate con churros para todos os asistentes ambientado musicalmente con DJ infantil.

Ademais do acto de acendido o Nadal en Mos ten programadas moitas máis actividades entre as que se atopan os tradicionais Concurso Infantil de Postais de Nadal con prazo de entrega ata o 23 de decembro, o Desfile de Rondallas o domingo 22 de decembro ás 17.00 horas en Puxeiros, o Campamento de Nadal para Escolares do 23 de decembro ao 7 de xaneiro no Multiusos das Pozas, os Beléns do Pazo de Mos e de Herville, o Belén Vivinte no Pazo o 25 de decembro e, por suposto, a  Cabalgata de Reis o domingo 5 de xaneiro ás 17.00 horas na Avenida de Sanguiñeda.

Outro prato forte da programación navideña mosense é a Festa Pre Fin de Ano que terá lugar o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas no Pazo de Mos, coa actuación da Orquestra La Fórmula e as badaladas con uvas e cotillón ás 00.00 horas.

E as dúas novidades deste ano serán a Quedada Solidaria Mos Racing Sport-Mos Axuda o sábado 7 de decembro a partir das 11.00 horas no Santiaguiño en Guizán, e ‘Caperucita Roja, la versión más loca de la historia’ o domingo 29 de decembro no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso ás 18.00 horas.