Programación navideña fin de semana 28 e 29 de decembro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

28/12/19 - 29/12/19

Fin de semana navideña en Mos encabezada polo Certame de Rondallas

Será o domingo ás 17.00 horas en Puxeiros e, ao seu remate, a versión máis tola da Carapuchiña Vermella en Torroso

 

Aproxímase unha fin de semana navideña plagada de actividades en Mos. Mañá sábado 28 e o domingo 29 de decembro, durante todo o día (en horario de mañá e tarde) o Club Xadrez Mos organiza a VI edición do Torneo de Nadal Sub-2200. O Centro Dotacional de Torroso acollerá a 100 participantes nunha das últimas probas deste ano 2019. Do mesmo xeito que a pasada edición, tratarase dunha proba de partidas clásicas, válidas para Clasificación Internacional, con ritmo de reflexión de 60 minutos por xogador/a.

Tamén o sábado ás 18.00 horas no Pazo de Mos haberá unha actividade de dinamización lingüística do Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia titulada Os Merlos do Amencer, a cargo de Senén Vaamonde, Manuel Dopico e Alfredo Dourado de A Roda.

E o domingo 29 de decembro ás 17.00 horas en Puxeiros, chega un dos grandes atractivos da programación navideña mosense, o Certame de Rondallas de Mos, durante o que desfilarán e actuarán, polo seguinte orde, as catro rondallas mosenses: en primeiro lugar a Rondalla de Herville, seguida de Rondalla de Santa Eulalia de Mos, a Rondalla de Torroso; e por último pechará o festival a Rondalla do Santiaguiño, Guizán.

Tras gozar do espectáculo ofrecido polos rondalleiros e rondalleiras as familias poderán achegarse ata o Auditorio do Centro Dotacional de Torroso onde ‘La Murga Teatro’ presentará ‘Caperucita Roja, la versión más loca de la historia’ con guión e dirección de Alfredo Ávila. Unha representación dirixida ao público infantil que fará as delicias dos cativos e dos seus pais. Será o domingo 29 de decembro ás 19.30 horas con entradas a 7 euros, á venda na cafetería do propio Centro Dotacional.