Taller sobre como posicionar un negocio en Internet

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

13/07/20

A Axencia de Colocación de Mos ofrece un taller para empresarios e emprendedores sobre como posicionar o seu negocio en Internet

 

O obxectivo é instruílos nos beneficios do posicionamento en Internet e que lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e implementación do seu negocio, dados os momentos actuais de crise económica derivada do COVID-19

 

 

A Axencia de Colocación do Concello de Mos organiza un taller teórico práctico para as persoas e/ou empresas que desexen reinventarse para superar a crise.

 

Trátase dun taller presencial para emprendedores e empresarios que queiran aprender a levar o seu negocio a Internet, optimizalo e buscar solucións a esta crise derivada do COVID-19.

 

Impartirase o 13 de xullo nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos en horario de 09.00 horas a 13.00 horas e os interesados en asistir (totalmente de balde) poden aínda inscribirse na Axencia.

 

Os participantes poderán neste curso coñecer todos os trucos e pasos obrigatorios para que a presenza na Internet lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e posicionamento do seu negocio.

 

O taller correrá a cargo da ponente Iria Álvarez, Directora do Club de Marketing Global, Consultora de Marketing Dixital e Comunicación Audiovisual.

 

Fai 6 anos que o Márketing Dixital chegou á vida de Iria Álvarez da man de dous profesionais como Benlly Hidalgo e Álvaro Mendoza. É neste momento cando descobre a verdadeira importancia de comunicar visualmente a través do mundo Online. Unha estratexia que combina a imaxe, o Branding, a publicidade e o Márketing Dixital.

 

Durante os últimos 7 anos non parou de formarse e de deseñar estratexias únicas para os meus clientes, converténdose en partner de marcas de recoñecido prestixio.

 

Para o taller de Mos ten preparados unha serie de contidos para que os asistentes ao mesmo poidan aprender todo o necesario sobre análise do seu cliente ideal, análise do seu produto, ferramentas gratuítas para buscar tendencias e novos nichos de mercado, web e plataformas de venda online, Redes Sociais, estratexia de contido para o seu negocio e automatización de procesos de venda con Bot’s; así como Email Marketing.