Termas de Monçao

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

11/04/18 - 20/04/18

Participación Cidadá organiza unha semana termal en Monçao para todos os públicos

Os interesados en participar xa teñen o prazo de inscrición aberto para facelo

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha semana termal nas Termas de Monçao dirixida a todos os habitantes de Mos. A actividade levarase a cabo do 16 ao 20 de abril.

Este tipo de saídas fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando á súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida. Preténdese ofertar á poboación xeral a posibilidade de coñecer os recursos non so culturais, senón tamén naturais cos que contamos en municipios próximos ó noso Concello.

Para participar nesta actividade hai que anotarse no departamento de Participación Cidadá (Edificio Multiusos) ou no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude. O custe final da actividade para as persoas participantes é de 167 euros. O Concello subvenciona as visitas culturais, rutas e excursións que se desenvolverán neses días. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 11 abril.

O aloxamento da semana termal nas Termas de Monçao será no Hotel Bienestar. A viaxe inclúe acceso ás termas, comidas, e visitas culturais ao Palacio de Brejoeira, ao Museo do Alvarinho con Degustación e visita á Casa Museu (centro da vila) e á Peneda.