Terra de Cultura en Pereiras

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

29/11/18 - 31/12/18

Terra de Cultura en Pereiras

A parroquia mosense celebra un ano máis o Nadal cun programa de actividades culturais

Un ano máis, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras presenta a súa programación cultural Terra de Cultura coincidindo co mes do Nadal e días festivos de decembro.

A programación comenza mañá, venres 30 de novembro, co concurso de debuxos para nenos co tema ‘O Nadal en Pereiras’.

O sábado día 1 decembro pola tarde procederase á apertura da exposición dos traballos do curso de tapicería e artesanía tradicional de ‘Follato de Millo’ da colección de Esther Rodríguez, concurso de tortillas e repostería, certame de corais e remate co monologuista Tito Rober.

E o domingo, 2 de decembro, xuntanza de motos antigas pola mañá e pola tarde sorteo de premios.