Torneo de Nadal do Club Xadrez Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

10/01/18 - 14/01/18

Aberta a inscrición no Torneo de Nadal do Club Xadrez Mos

A competición celebrarase en xaneiro no Centro Dotacional de Torroso

 

O Club Xadrez Mos organiza os próximos días 13 e 14 de xaneiro do vindeiro ano 2018 no Centro Dotacional de Torroso a 4º edición do Torneo de Nadal. Trátase dun torneo válido para Ránking Internacional de Xadrez Lento. A inscrición é aberta a todo xogador/a federado/a e ten un custo de 5 euros. Hai un límite de inscrición de 100 xogadores/as e a data límite para inscribirse é o mércores 10 de xaneiro.

O obxectivo desta competición é iniciar a tempada cun torneo de bo nivel no Club, para que os mozos e mozas xogadores/as integrantes do mesmo poidan chegar ao comezo de tempada o máis forte posibles, e así tratar de afrontar o ano 2018 coa maior ambición posible.

A inscrición no IV Torneo de Xadrez de Nadal Concello de Mos pódese formalizar a través do correo clubxadrezmos@gmail.com ou do teléfono 618 873 541.