Torneo Xadrez Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

01/09/18

O Torneo de Xadrez Concello de Mos chega á súa terceira edición

O evento deportivo enmárcase dentro do XIII Circuíto Galego de Promoción do Xadrez

O Club Xadrez Mos organiza a III edición do Torneo Concello de Mos que se realizará o próximo 1 de setembro.

O torneo está incluído nun Circuíto de Torneos (Circuíto Galego de Promoción) promovidos pola Federación Galega, co obxectivo de achegar o xadrez a todos os recunchos da Comunidade Galega.

O torneo mosense é un dos 18 que compoñen o Circuíto. Na pasada edición un total de 250 xogadores/as de todas as idades, desde Sub-8 ata categoría Absoluta, déronse cita nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso, lugar de celebración do evento, ademais de sede habitual de desenvolvemento das actividades do Club Xadrez Mos.

Dende o club mosense espérase “repetir o elevado número de participantes e gozar dunha marabillosa xornada de xadrez. Este ano, cun aliciente especial, xa que no mes de novembro disputarase o Campionato do Mundo de Xadrez, categorías Sub8, Sub10 e Sub12 en Santiago de Compostela. Por iso, os nosos xogadores/as, así como todos/as os/as xogadores/as da nosa Autonomía estarán a se preparar de maneira especial para un acontecemento histórico na nosa Comunidade”.

O III Torneo de Xadrez Concello de Mos disputarase no Centro Dotacional de Torroso o sábado 1 de setembro en horario de 11.00 horas da mañá a 20.00 horas da tarde. Os interesados en participar en calquera das categorías, Sub8, Sub10, Sub12, Sub14 e Absoluta, poden facelo xa chamando ao teléfono 618 873 541, ou escribindo ao enderezo de correo electrónico clubxadrezmos@gmail.com