Tren do Nadal, paxe real e espectáculo de Uxía lambona e a banda molona

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

04/01/18

Tren do Nadal, paxe real e espectáculo de Uxía lambona e a banda molona para abrir boca en Mos antes da Noite de Reis

O xoves 4 de xaneiro a partir das 17.00 horas o Multiusos das Pozas será a sede da ilusión infantil dos cativos mosense e as súas familias

 

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil mosense Julia Loureiro organiza una actividade incluída na programación de Nadal que consiste no espectáculo musical de Uxía lambona e a banda molona, que terá lugar no Multiusos das Pozas o vinceiro xoves 4 de xaneiro a partir das 17.00 horas da tarde.

 

Nesta actividade a banda de Uxía lambona promocionará o seu segundo disco, sen olvidarse dos mellores momentos do disco anterior, ademais de presentar un espectáculo cheo de novidades para os/as máis pequenos/as.

 

Por outra banda, un carteiro real recibirá ós nenos e nenas de Mos atendendo as súas peticións para os Reis Magos e recollendo as súas cartas, vestido e caracterizado entregando caramelos aos nenos/as, previo o pase do Tren do Nadal no que todos/as os interesados poderán facer unha divertida e inesquecible viaxe.

 

O devandito tren terá saída dende o Multiusos e percorrerá o traxecto ata a Capela de San Amaro para despois dirixirse ao Pavillón Óscar Pereiro e regresar novamente ao Multiusos,  mentres que o paxe real agardará no Multisuso das Pozas. A viaxe no Tren do Nadal será previa ó espectáculo de Uxía lambona e a banda molona que comezará no mesmo auditorio ás 18.30 horas.