Unidade de doazón de sangue en S. Eleuterio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

11/11/19

Unidade móbil de doazón de sangue o día 11 de novembro en San Eleuterio

 

Estará instalada durante todo o día, de 15.30 a 21.00 horas

 

O Concello de Mos informa de que unha unidade móbil da nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, desprazarase ata Mos para que os mosenses interesados en doar sangue poidan facelo.

 

A unidade móbil permanecerá en Mos durante o luns 11 de novembro.

 

Estará en Tameiga, na Urbanización de San Eleuterio, en horario de 15:30 horas a 21:00 horas.

 

Os interesados en acudir a doar sangue deberán levar o seu DNI, non ir sen almorzar e esperar dúas horas despois do xantar para realizar a doazón, así como informar ao médico si se está a tomar algún medicamento.