Unidade mobil de doazón de sangue

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

23/11/17

Unidade mobil de doazón de sangue o vindeiro xoves en San Eleuterio

 

Os mosenses interesados en colaborar poderán acudir en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas

 

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue terá unha das súas unidades móbiles desprazada en Mos para recoller doazóns de sangue da poboación mosense o vindeiro xoves, 23 de novembro, na urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga, en horario de 15:30 ás 21:00 horas.

 

Dende o Concello de Mos e a Axencia Galega de Doazón agradécese anticipadamente aos veciños/as colaboradores/as a súa constante colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

 

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, dependente da Consellería da Sanidade, que integrou o Centro de Transfusión de Galicia, envía compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a todos os hospitais de Galicia para atender a actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

 

Os hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día. Dez unidades móbiles percorren os concellos para atender as persoas que desexan realizar este acto altruísta. As doazóns de sangue recollidas nas unidades móbiles e nos locais de doazón situados nas sete grandes cidades, envíanse a diario ás dependencias centrais en Santiago para o seu procesamento, análise e conservación.

 

Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, cada día, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para atender a todos os pacientes. O sangue non se pode fabricar e todos os días é vital para enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, para realizar transplantes de órganos, para axudar a enfermos de cancro ou leucemia,…

 

Grazas ao esforzo colectivo, Galicia leva 16 anos acadando a taxa de doazón que recomenda a Organización Mundial da Saúde. A OMS recomenda de 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes para cubrir as necesidades dos hospitais.