V Torneo de Nadal do Club Xadrez Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

29/12/18 - 30/12/18

O Club Xadrez Mos organiza o seu Torneo de Nadal
O prazo de inscrición atópase aberto e rematará o vindeiro 26 de decembro

O Club Xadrez Mos organiza o seub Torneo de Nadal que se celebrará os próximos días 29 e 30 de decembro no Centro Dotacional de Torroso.
A inscrición está aberta a todo/a xogador/a con licenza federativa en vigor na tempada 2018. O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de decembro, cun total máximo de participantes de 100 xogadores/ as.
Dende a directiva do Club Xadrez Mos informan de que “o obxectivo deste torneo, xa coa vista posta na tempada 2019, é culminar un mes de sesións de adestramento e duro traballo no club, cunha proba de bo nivel para que os xogadores e xogadoras do noso club cheguen no estado de forma máis alto posible ao mes de xaneiro, xa que neste mes dan comezo competicións importantes como os Campionatos Provinciais ou a Liga Galega por Equipos”.