Viaxe a Aveiro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

16/01/20 - 16/02/20

Viaxe a Aveiro para maiores

  • Realizarase os días 15 e 16 de febreiro
  • O prazo de inscrición xa está aberto e pecharase o vindeiro 16 de xaneiro

 

O Concello de Mos organiza unha viaxe a Aveiro para maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 que se realizará os días 15 e 16 do vindeiro mes de febreiro.

O prezo por persoa da viaxe é de 125 euros incluíndo traslados, comidas, aloxamento dunha noite en habitación dobre no hotel Jardím, de tres estrelas, e visitas a: Guimaraes con entrada ao Castelo, visita guiada en Aveiro e ao Museo Aliança Underground.

O prazo de inscrición nesta excursión atópase xa aberto e rematará o vindeiro xoves, 16 de xaneiro. A inscrición pode formalizarse tanto no Rexistro do Concello de Mos como nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos das Pozas.

Os/as interesados/as en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.