VIAXE A SAN ISIDRO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

06/02/18 - 04/03/18

Mos organiza unha viaxe a San Isidro para que a mocidade mosense poida practicar deportes de inverno

O prazo de inscrición abriuse hoxe e rematará o día 26 de febreiro

 

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza a xa case tradicional excursión á neve para a xuventude mosense (maiores de 18 anos) que nesta ocasión realizarase á estación de San Isidro os días 2, 3 e 4 de marzo.

Para participar nesta viaxe existen catro modalidades: Modalidade A que inclúe curso de esquí, aluguer de equipos, viaxe e pensión completa cun prezo de 161 euros. Modalidade B que inclúe aluguer de equipos, viaxe e pensión completa cun prezo de 154 euros. Modalidade C que inclúe viaxe e pensión completa por 133 euros. E Modalidade D que inclúe aluguer de equipo de snowboard, viaxe e pensión completa por 185 euros.

Os/as interesados/as en participar deberán formalizar a súa inscrición do 6 de febreiro (hoxe) ó 26 de febreiro.

Teñen preferencia de participación os/as empadroados/as en Mos e a admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello ata cubrir o límite de prazas (55). A lista de admitidos/as publicarase o 27 de febreiro no concello, na OMIX ou na web do Concello.

Participación Cidadá quere ofertar outro ano máis unha excursión de fin de semana á neve promovendo así posibilidades de ocio entre xoves a un prezo asequible e adaptado ós seus recursos económicos. Este ano, valorando novas opción, decidiuse levar esta actividade a outra estación que xa facía tempo que non visitábamos a estación de San Isidro (o ano pasado viaxouse a Leitariegos), ofrecendo así resposta ás peticións da mocidade mosense de cambiar de estación.

Esta concellería quere facilitar que a xuventude goce da tempada invernal, o achegamento doutros deportes que non se poden practicar no Concello de Mos e a oportunidade de vivir uns días diferentes nun entorno distinto. Con esta iniciativa preténdese achegar un ocio de calidade á mocidade de Mos, promovendo a participación da xuventude en espazos de ecoturismo.

Os obxectivos específicos desta iniciativa son, favorecer a participación dos mozos/as mosenses, coñecer un medio natural diferente, aproveitar os recursos existentes, favorecer as relacións e as actividades en grupo, promover formas de ocio alternativas e saudables, adquirir novas experiencias apropiadas a idade dos participantes.

Os destinatarios son persoas maiores de 18 anos, preferentemente empadroados en Mos. O mínimo de persoas para que se realice a excursión será de 35 e máximo de 55 persoas. No caso de quedar prazas vacantes, poderán asistir maiores de 35 ou que non figuren empadroados en Mos.