Viaxe para maiores a Portugal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

11/09/19 - 06/10/19

Participación Cidadá organiza unha viaxe para maiores a Portugal en outubro

 

O prazo de inscrición atópase aberto e rematará o vindeiro 11 de setembro

 

A concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil Begoña Toucedo organiza unha excursión para maiores polo Río Douro e visita a Oporto.

 

A viaxe terá lugar durante os días 5 e 6 de outubro tendo como beneficiarios a pensionistas e xubilados maiores de 65 anos.

 

O prazo de inscrición atópase xa aberto e os interesados en anotarse poderán facelo ata o 11 de setembro no Rexistro do Concello, nas oficinas do edificio Multiusos das Pozas e a través da sede electrónica.

 

O custe da viaxe por persoa será de 159 euros incluíndo visitas a Vila Real, Lamego,  travesía en Barco Regua–Oporto e visita panorámica en Oporto.

 

Para obter máis información sobre esta excursión pódese chamar ao teléfono 986 339404.