VIAXE SAN ISIDRO

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

14/02/20 - 01/03/20

Aberto o prazo de inscrición na viaxe a San Isidro para maiores de 18 anos

 

A excursión á neve realizarase do 28 de febreiro ao 1 de marzo

 

O Concello de Mos organiza a habitual viaxe a San Isidro para maiores de 18 anos que ven desenvolvendo dende fai anos. A excursión realizarase do 28 de febreiro ao 1 de marzo e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 14 de febreiro.

 

Os prezos son de a partir de 180 euros, dependendo da modalidade de viaxe elixida por cada participante. A modalidade C de pensión completa e viaxe ascende a 180 euros, a modalidade B de pensión completa, viaxe e aluguer de equipo ascende a 200 euros, e as modalidades A e D ascenden a 210 euros e inclúen pensión completa, viaxe, aluguer de equipo de esquí ou snowboard, respectivamente, e curso de esquí.

 

Os requisitos para os participantes serán ser maiores de 18 anos e formalizar inscrición no Rexistro Xeral municipal. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello ata cubrir o límite de prazas (55).

 

A lista de admitidos/as publicarase o 18 de febreiro no Concello, na OMIX ou na web do Concello.