‘Voces para o recordo’ en Costoias

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

24/08/19

A Asociación San Martín de Tameiga trae ‘Voces para o recordo’ a Costoias

O certame celebrarase o 24 de agosto ás 19.00 horas e contará con concertos de tres agrupacións musicais

 

A Asociación San Martín de Tameiga organiza o festival ‘Voces para o recordo’, un encontro musical que terá lugar o vindeiro sábado, día 24 de agosto, en Costoias, parroquia de Tameiga.

‘Voces para o recordo’ celebrarase a partir das 19.00 horas da tarde e contará coas actuacións da Coral O Son dos Cantares de Tameiga, do Dúo Maialma (Cancións para o recordo) e das Cantareiras Arco da Vella de Domaio.

A entrada para o público asistente será totalmente libre e gratuíta.