Vodas de Ouro Cura Don Manuel

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

11/11/17

Homenaxe ao cura párroco Don Manuel Álvarez polas súas vodas de ouro en Guizán

O acto celebrarase o sábado 11 de novembro

A parroquia de Guizán, coa colaboración das parroquias de Mos e Torroso, organiza unha comida-homenaxe na honra do cura párroco Don Manuel Álvarez Pérez, que celebra as súas vodas de ouro como párroco de Guizán.

A homenaxe a Don Manuel celebrarase o sábado 11 de novembro e os actos a desenvolver ao longo da xornada consistirán nunha Misa na Igrexa Parroquial de Santa María de Guizán ás 12.30 horas da mañá, seguida dun xantar de confraternización no Pavillón Óscar Pereiro ás 14.00 horas.

Dende a organización do evento informan de que os interesados en asistir ao mesmo poden dirixirse presencial ou telefónicamente a Alimentación Lola (986333591) e ao Bar Cabaliño (986333028), ambos establecementos sitos na parroquia de Guizán, ou ben chamar por teléfono ao número 607412230.