Xornada Multilabores no Pazo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en

Map Unavailable

Día

19/11/16

As Palilleiras de Mos organizan unha Xornada Multilabores no Pazo

Impartiranse cursos de iniciación e nivel intermedio de ganchillo, encaixe, bordado, etc.

A Asociación de Palilleiras de Mos organiza a súa II Xornada Multilabores que terá lugar o día 19 de novembro, sábado, no Pazo de Mos (contando coa colaboración da Fundación Pazo de Mos). As prazas para participar son limitadas, polo que os interesados en facelo deberán reservar a súa praza chamando aos teléfonos 616 918 164, 675 310 658 e 608 885 094.

A xornada contará con postos de venta para animar máis o día.

O horario da actividade será de mañá e tarde. O horario matutino será de 10.00 horas a 13.00 horas e o vespertino de 17.00 horas a 19.00 horas.

Os cursos que se impartirán clasifícanse en dous niveis, de iniciación e intermedio. Os cursos de iniciación ofertados son de arraiolos, bisutería en ganchillo e encaixe de Idrija. E os cursos de nivel intermedio son de vainicas e bordado.

O prezos de participación por persoa son de 15 euros para os socios/as da Asociación de Palilleiras e de 18 euros para os non socios.