Exposición fotográfica sobre a natureza no Multiusos de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Trátase de imaxes tomadas polos membros da Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra, ACOPO

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe sobre a exposición que se vai realizar no Multiusos dende mañán venres, día 18, ó 22 de xaneiro. Esta mostra é xentileza da Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra, ACOPO, e estará aberta ó público, como se dixo, durante os días 18, 19, 20, 21, e 22 de xaneiro.

 

Trátase dunha exposición fotográfica que leva por título ‘Unha Fiestra á Natureza’. A Asociación ACOPO é unha entidade que traballa polo benestar dos animais domésticos e a protección das especies silvestres, como o lobo ibérico; implicándose de xeito activo na conservación e coidado do medio ambiente.

 

Na exposición que terá lugar no Multiusos de Mos, atoparanse fermosas imaxes do medio natural dos nosos montes, entre as que se poden encontrar as descoñecidas orballiñas, plantas carnívoras que forman parte da flora autóctona galega, ademais de fauna salvaxe e especies vexetais en perigo de extinción.

 

Os horarios de visita desta mostra serán os seguintes: mañán venres, día 18 xaneiro, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas, o sábado día 19 xaneiro de 11:00 horas a 13:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas, o domingo 20 xaneiro de 17:00 horas a 19:00 horas, o luns 21 xaneiro de 10:00 horas a 14:00 horas e o martes 22 de xaneiro de 10:00 horas a 14:00 horas. As horas de visita guiada serán, mañán venres de 11:00 horas a 13:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas, o sábado de 17:00 horas a 19:00 horas, o domingo tamén de 17:00 horas a 19:00 horas, o luns de 11:00 horas a 13:00 horas, e por último o martes tamén de 11:00 horas a 13:00 horas.

 

Dende a organización da exposición ofrécese a posibilidade de crear grupos de visita, orientados especialmente a alumnos de centros educativos mosenses. Para elo os interesados deben poñerse en contacto coa oficina da OMIX no teléfono 986 33 94 04.