Exposición sobre a natureza galega no Multiusos de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Estará aberta ó público do 26 ó 30 de novembro

O Multiusos das Pozas acollerá do 26 ó 30 de novembro unha exposición didáctica itinerante promovida polas concellerías de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón, mostra que forma parte do programa de conservación e xestión de espazos protexidos de Galicia que se está a desenvolver gracias ó convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa.

A mostra instalarase para para ser visitada polos escolares en horario de mañán e polo público en xeral pola tarde. “Esta iniciativa mostra os valores naturais máis característicos e singulares do noso patrimonio natural e permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies”, explicaba esta mañá a concelleira responsable, quen tamén daba conta dos obxectivos da mesma que son “presentar a diversidade e singularidade dos nosos espacios naturais protexidos, identificar a variedade das especies animais e vexetais dos espazos protexidos galego, descobrir a importancia do ser humán para a preservación das especies e desenvolver actitudes de responsabilidade e protección fronte a conservación ambiental”.

Esta actividade está dirixida a toda a comunidade escolar de Mos, e nela participarán os centros de Educación Infantil e Primaria: CEIP Pena de Francia, CEIP de Atín, CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, CEIP de Petelos, CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos eColexio Lar; ademais do Instituto de Educación Secundaria de Mos. Sen embargo a mostra permenecerá tamén aberta en horario de tarde para a poboación en xeral, que poderá visitar a exposición.

Os escolares  realizarán a actividade en horario de mañan: de 11.00 a 13 .00 horas. A poboación xeral poderá acudir pola tarde de 18.00 a 20.00 horas. Trátase dunha exposición didáctica de carácter educativo mediante materiais divulgativos, visitas guiadas, obradoiros e xogos cos que se lles amosa ós participantes a cantidade e diversidade dos espazos protexidos declarados no territorio galego, e a variedade e singularidade das especies  animais e vexetais que poden atopar  neles. Entre otros espazos protexidos a exposición aborda o Parque Nacional das Illas Atlánticas, as dunas de Corrubedo, as Fragas do Eume, o Monte Aloia, etc.