Exposición sobre o ferrocarril no Pazo de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A mostra inaugurarase o vindeiro 9 de setembro

 

José C. Cabaleiro Romero, Nilsa J. González Solla e Óscar Carrera Vilaboa organizan a exposición ‘Lembranzas do Ferrocarril, pasado, presente e futuro’ que poderá ser visitada no Pazo de Mos dende o 9 ata o 30 de setembro do 2017.

 

O horario de visitas será de luns a domingo de 10:00 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas a 21:30 horas. As maquetas de trenes que se expoñen na mostra funcionarán de martes a venres de 17:00 horas a 20:00 horas, os sábados de 10:30 horas a 13:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas e os domingos de 10:30 horas a 13:00 horas.

 

Os teléfonos para obter máis información sobre esta exposción son 669 888 699 e 620 102 506.