‘Félix el Gato’ en Torroso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Centro Dotacional acollerá o próximo domingo un monólogo do humorista

 

O Centro Recreativo e Cultural de Torroso e a Comunidade de Montes de Torroso organizan no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso un monólogo de humor. Trátase de ‘El Show de Félix el Gato’ que terá lugar o vindeiro domingo 20 de outubro ás 20:00 horas.

As entradas están á venda na cafetería do Centro Dotacional e o seu prezo é de 6 euros en compra anticipada e de 8 euros o propio día do espectáculo en despacho de billetes.