Festa Pre Fin de Ano en Mos con Andrea Pousa e La Fórmula

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

  • Será o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos
  • Repartiranse preto de 200 quilos de uvas

 

Aproxímase a data do prato forte da programación navideña organizada polo Concello de Mos, a Festa Pre Fin de Ano, que terá lugar o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas no Pazo de Mos.

A cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, Andrea Pousa, será a encargada de presentar as badaladas que, por suposto, contarán coas tradicionais 12 uvas de Fin de Ano para todos os asistentes. O Concello repartirá preto de 200 quilos de uvas para que todo o mundo poida cumprir coa tradición.

Andrea Pousa ofrecerá tamén un concerto subvencionado polo programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Tras as badaladas e as uvas chegará a actuación da Orquestra La Fórmula, que presentará o seu mellor espetáculo dos últimos anos, titulado “La magia existe”.

Nos exteriores do Pazo de Mos haberá instalada unha gran carpa para este evento festivo.

Desde o Concello de Mos espérase repetir o éxito da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano, á que asistiron preto de 3.000 persoas.