Festa do Polbo

A festa do polbo, organizada pola comisión de festas de San Pedro e San Liborio da parroquia de Cela, en colaboración co Concello de Mos, celébrase dende hai uns oito anos coincidindo co último domingo de xullo. Este ano celebrouse o día 17 de xullo.

A festa consiste na degustación desta delicia gastronómica de arraigo en toda Galicia. Así mesmo este evento está acompañado por diversas actuacións musicais de folk durante todo o día no alto de San Cosme, na parroquia de Cela.