Festa da Rosa

A Festa da Rosa é a festa oficial do noso Concello, ademais de que é un día festivo na localidade.  Celébrase sempre o  13 de xuño e xurdiu no ano 1973 para enxalzar a Rosa  dos Quirós, marqueses dos que se herdou o emblema presente no escudo do Concello.

Comeza a celebración no primeiro domingo de xuño coa Festa da Empanada e Pan de Millo. Despois celébranse unha extensa variedade de actividades cunha gran oferta gastronómica, cultural e deportiva que se desenvolve ao longo de todo o mes de xuño.