Festa Arde O Pazo: Os Franceses en Mos
Mos revive o paso do exército de Napoleón pola Louriño e é por esa razón que o Concello de Mos, xunto coa Asociación cultural Festa da Prehistoria, organizan esta festa con motivo da conmemoración do paso do exército de Napoleón polas terars mosenses.
PROGRAMACIÓN – ARDE O PAZO
13 de Abril de 2013
-
Ás 10:00 h. CHEGADA DOS MARQUESES DE MÓS E APERTURA DO MERCADO.
Artesanía, productos gastronómicos e tabernas.
-
Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS DE OFICIOS TRADICIONAIS E OBRADOIROS.
Alfareiro. Obradoiro dirixido por Cerámicas AICA.
Cesteiro.Carliños fará un chouzo de vimbios.
Ferreiros. Unha nova xeración de ferreiros en Mós; participa, aprende e descubre o seu oficio.
Carpinteiro-Torneiro. José Piñeiro Pérez mostra o funcionamento dun torno de varas.
Tecido nun telar. Ilda Amoedo amósanos o funcionamento dun telar.
Latoeiro. Dende Meis chega Fernando Reboredo representante dun oficio doutros tempos.
ÚLTIMA HORA. Talla en madeira de Roberto Figueira Martinez e Carlos Graña
Palilleiras de San Martin de Tameiga
-
Ás 11:00 h. Mestura tradicional da Agrupación “AS PEDRIÑAS”.
-
Ás 12:00 h. REPRESENTACIÓN (1º acto):
*Chegada da Alarma de Pontesampaio advertindo a inminente chegada dun exército francés.
*Asamblea do pobo dirixida polo caudillos de Sto. Antoiño e Louriña.
*Chegada das tropas francesas do xeneral Maucune.
*Saqueo, roubos e outros abusos cometidos polos soldados franceses no mercado de Mós.
*Apresamento dos marqueses.
-
Ás 13:30 h. proclama do “Frade Giraldez” (comandante da Louriña).
-
Ás 14:30 h. XANTAR. Polbo á feira e outros produtos gastronómicos da terra.
POLA TARDE
-
Ás 15:30 h. Animación na rúa, “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.
MAXIA NA RÚA (O Mago Marco).
-
Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN (2º acto):
*Chega o son das bocinas e cornos dende o alto do Penedo da Alarma.
*Os guerrilleiros da Louriña comandados polo frade Giraldez atacan aos franceses.
*Apresamento dos prisioneiros franceses.
-
Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile tradicional. “A NOSA TERRA” de Pereiras.
Animación de rúa. “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”
-
Ás 18:00 h. Recoñecemento a os personaxes máis destacados do Val da Louriña.
-
Ás 18:30 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
-
Ás 19:00 h. Obradoiro de BAILE FRANCÉS con Suso Monteira.
acompañados da música de Fernando Barroso e Luis Peixoto.
-
Ás 20:00 h. Animación de rúa. “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.
-
Ás 20:30 h. MAXIA NA RÚA (O Mago Marco).
-
Ás 21:30 h. Volta das tropas francesas fuxindo de tui.
QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES.
(Espectáculo de efectos especiais na fachada do pazo).
A partir das 22:30 h. ACTUACIÓN MUSICAL do Grupo de música tradicional:
“ZURRUMALLA”
ÚLTIMA HORA:
ESTE ANO HABERÁ SORPRESAS NO INCENDIO PROVOCADO POLOS FRANCESES
E UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN SOBRE O PENEDO DA ALARMA NO INTERIOR DO PAZO.
Descargas:
Para máis información: