Festa da Prehistoria

Organizada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria.  Esta festa celébrase sempre o segundo fin de semana de agosto no parque forestal da Penacova polo que transcorre o sendeiro histórico de Mos. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia e foi pioneira a nivel nacional neste tipo de celebracións, xa que a raíz do seu nacemento xurdiron outras en diversas localidades españolas. Os participantes agrúpanse en tribos ao modo das antigas sociedades prehistóricas, constrúense chozas  e organízanse xogos e competicións nos que participan todos os clans ou tribos involucradas nesta celebración.

Organízanse actividades didácticas tales como obradoiros, concursos, exhibicións artísticas, competicións deportivas, como os xogos olímpicos nos que as tribos soben ao Penedo da Pucha e protagonizan un enfrontamento simulado, logo compítese nunha carreira de relevos chamada “Na Procura do Lume” na que os clans teñen que superar unha serie de obstáculos no seu percorrido.

Para máis información:

www.festadaprehistoria.wordpress.com

Para contactar coa organización:

festadaprehistoria@gmail.com