Festa do Codillo

A Festa do Codillo está organizada polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, coa colaboración do Concello de Mos. Esta festa ademais de gastronómica conta con diversos actos culturais así como grupos  folclóricos, bandas de música e outros, tanto galegos como de outras comunidades que nos amenizan a festa.

É tal o éxito desta festa que cada ano supera as previsións dado que a xente acudiu na súa gran maioría e que xa o probaron en anos anteriores e voltan acompañados de familia e amigos facéndose así asiduos a esta festa que cada ano intentamos sexa mellor e mais grande.