Festa do Rabo e Orella de Porco

Esta festa organízaa a Asociación de festas Santísimo Cristo da Vitoria coa colaboración do Concello de Mos. Celébrase o terceiro domingo de setembro no lugar dos Cabaleiros na parroquia de Santa Eulalia de Mos. Coa chegada do frío de outono estes prezados produtos degústanse  amenizados polas diversas actuacións musicais e exposicións de coches e motos antigas