FOGUEIRAS DE SAN XOAN EN MOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Mos informa dos permisos para facer fogueiras de San Xoan: O Concello de Mos informa de que quen teña intención de realizar unha fogueira a noite de San Xoan e/ou San Pedro deberá solicitar autorización por declaración responsable no rexistro xeral do concello, ou ben pola sede electrónica, no caso das asociacións deberán facelo por este último medio, tendo o prazo para facelo desde hoxe venres 27 de maio ata o mércores 15 de xuño, especificando nome, dirección, teléfono e DNI dos responsables, seguro de responsabilidade civil cunha cobertura por importe de 300.000 € e un plano de situación coa indicación do lugar no que se vai a realizar o lume, que se deberá solicitar na oficina municipal de Urbanismo. Establécense unha serie de normas e obrigacións a cumprir polos organizadores das devanditas fogueiras.