Gastos reais que lle supuxo a Mos o paso de LA VUELTA 20 e agradecemento a tod@s @s que fixeron posible este fito histórico na nosa localidade

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos queremos facer públicos e informar á cidanía dos gastos reais que lle supuxo o paso de LA VUELTA 20 polo municipio ás arcas municipais e que ascenden, IVE incluído, exactamente a 3.305 euros.

Cantidade coa que se cubriron gastos de deseño e producción publicitaria, adquisición de maillots oficiais de Mos para os gañadores do concurso infantil de debuxo ‘Dálle unha Volta’ e como detalle institucional, e compra da madeira necesaria para que a Asociación de Palilleir@s de Mos puidese confeccionar a gran instalación de bolillos co nome de Mos para a fachada do Pazo.

O resto de gastos foron asumidos directamente pola propia organización de LA VUELTA.

Así mesmo queremos aproveitar para dar as GRACIAS A TOD@S @S PARTICIPANTES EN FACER POSIBLE QUE A VOLTA CICLISTA EN MOS FOSE HOXE UN ÉXITO:
– A todos os veciñ@s de Mos polo voso comportamento exemplar quedando na casa ou cumprindo coas normas de seguridade.
– Aos escolares afectados pola coincidencia na súa hora de entrada ao cole.
– Á Policia Local.
– A Proteccion Civil.
– Á Garda Civil.
– Aos operarios municipais de obras.
– Aos operarios municipais de limpeza viaria.
– Aos monitor@s deportivos.
– A todos os traballador@s municipais.
– Ao equipo de La Vuelta.
– A Javier Guillen, Director de La Vuelta.
– A Óscar Pereiro, o noso embaixador de La Vuelta 2020.
– A Roman Rodríguez, Conselleiro de Cultura.
– Á Xunta de Galicia.
– Á Fundación Pazo de Mos.
– Á Comunidade de Montes de Mos.
– A todos os colectivos de “A Mesa da Volta”
– A todos os artistas, grupos e asociacións que colaborastes coa programación cultural previa á saída.
– Ás Palilleir@s de Mos e ás Escravas da Virxe Dolorosa polas creacións artísticas para engalanar a saída.
– A todos os nen@s que participastes nos concursos escolares.
– Ao IES de Mos e os seus alumn@s que traballaron no deseño da máscara de Mos.

A todas as empresas colaboradoras, GRACIAS A TODOS OS PATROCINADORES POR FACELO POSIBLE:
– Viveros Adoa
– Reciclajes AVI
– Constructora Jaime Loureiro
– Gadis
– Exrodrimos y Material Construcción Rodríguez
– Granlei
– Electricidad INMAC Condado
– Construcciones Demetrio Taibo Domínguez
– Urbaser
– Citic Censa
– Leroy Merlin
– Novoagro
– AEMOS
– Eroski
– Noriberica
– GDoce:
– Talleres José Álvarez
– Conservatorio de música de Torroso.
– Coren
– Xunta de Galicia