Grandes resultados de Juan Ferrón na World Paralimpic Series de Berlín

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O nadador do Club Natación Mos despuntou na competición de Natación Adaptada

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, que participou na World Paralimpic Series de Berlín de Natación Adaptada, logrou uns grandes resultados tanto por tempo como por puntuación.

O pasado día 6 xuño Ferrón nadou na capital alemana os 100 metros bolboreta na sesión matutina, onde logrou o pase á final Youth na sesión vespertina, mellorando o tempo da mañá, cerca da súa MMP, sendo 3° por puntuación multidiscapacidade e 2° por tempo.

O día 7 xuño nadou os 100 metros Libres, cun tempo de 1,00,73 non logrou o pase á final, pero aproximouse á súa mellor marca en piscina de 50 metros.

O día 8 de xuño nadou os 50 Libres firmando nas preliminares un tempo de 28:00.

O día 9 de xuño nadou os 50 metros bolboreta. Pola mañá nadou en 29,57 logrando o pase á final Youth e na sesión vespertina logrou mellorar o tempo da sesión matinal logrando ser 3° por puntos de multidiscapacidade pero 1° en marca e facendo MMP.

Así mesmo este próximo fin de semana tanto Juan como o adestrador do Club Natación Mos, Alberto “Xouba” Pereira, van viaxar ate Tenerife para participar no Campionato de España por clubs de Natación. Será no Tenerife Top Training.