I Canicross Concello de Mos no Santiaguiño

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Xa se atopa aberto o prazo de inscrición para esta actividade que inclúe andaina canina e que se celebrará o vindeiro 13 de abril

O Concello de Mos e Zarkocan organizan a I Canicross e Andaina Canina Concello de Mos que se celebrará o sábado 13 de abril no Santiaguiño, parroquia de Guizán.
O prazo de inscricións xa se atopa aberto e rematará o vindeiro 7 de abril. Os interesados en formalizar a súa inscrición deberán facelo a través da web www.galitiming.com. O custe de participación é de 7 euros.
As bases poden ser consultadas en www.mos.es e/ou en www.facebook.com/zarkocan/
O programa previsto para o día 13 de abril é ás 10.00 horas saída do canicross, ás 10.30 horas saída da andaina canina, ás 11.00 horas desfile canino de protectoras, e ás 12.00 horas exhibición de obediencia canina a cargo do Clube Zarkocan.
Os interesados en obter máis información sobre esta actividade poden chamar por teléfono ás oficinas da OMIX de Mos ao número 986339404.