I Festival Tradicional da Rosa no Multiusos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar o domingo 16 de xuño a partir das 18.00 horas

Unha das novidades deste ano na programación da Festa da Rosa é o Festival Tradicional da Rosa que se celebrará no Multiusos o vindeiro domingo pola tarde.

O domingo 16 de xuño terá lugar o I Festival Tradicional da Rosa a partires das 18.00 horas da tarde no Multiusos das Pozas, coas actuacións do Grupo de Música e Baile Nosa Terra de Pereiras o Grupo Cancioneiro de Cantanhede, Portugal e o Grupo Folklórico Anaquiños de Chapela.