Inaugurada a exposición fotográfica sobre a natureza no Multiusos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A concelleira Kely Monzón acompañou ás dúas primeiras visitas guiadas concertadas: un grupo de Asodifisi e outro de alumnos de 1º da E.S.O. do Instituto

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, inaugurou esta mañá a exposición que se atopa instalada no Multiusos dende hoxe. A edil responsable desta iniciativa acompañou no seu percorrido polas diferentes pezas da exposición ás dúas primeiras visitas guiadas, que estiveron compostas por sendos grupos da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, e de alumnos e alumnas de primeiro curso de Educación Secundaria Obligatoria, E.S.O., do IES de Mos; quenes, gracias á mostra, puideron coñecer mellor as especies animais e vexetais autóctonas tanto da zona e da comarca da Louriña, coma de toda Galicia, e concienciarse coa importancia da súa preservación e supervivencia.

 

Esta mostra é xentileza da Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra, ACOPO, e estará aberta ó público, como se dixo, durante os días de hoxe, mañán 19 de xaneiro, e o 20, 21, e 22 de xaneiro.

 

Trátase dunha exposición fotográfica que leva por título ‘Unha Fiestra á Natureza’. A Asociación ACOPO é unha entidade que traballa polo benestar dos animais domésticos e a protección das especies silvestres, como o lobo ibérico; implicándose de xeito activo na conservación e coidado do medio ambiente.

 

Na exposición que ten lugar no Multiusos de Mos, atópanse fermosas imaxes do medio natural dos nosos montes, entre as que se poden encontrar as descoñecidas orballiñas, plantas carnívoras que forman parte da flora autóctona galega, ademais de fauna salvaxe e especies vexetais en perigo de extinción.

 

Os horarios de visita desta mostra son os seguintes: hoxe venres, día 18 xaneiro, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas, mañán sábado, día 19 xaneiro, de 11:00 horas a 13:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas; o domingo 20 xaneiro de 17:00 horas a 19:00 horas, o luns 21 xaneiro de 10:00 horas a 14:00 horas e o martes 22 de xaneiro de 10:00 horas a 14:00 horas. As horas de visita guiada son, hoxe de 11:00 horas a 13:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas, mañán de 17:00 horas a 19:00 horas, o domingo tamén de 17:00 horas a 19:00 horas, o luns de 11:00 horas a 13:00 horas, e por último o martes tamén de 11:00 horas a 13:00 horas.

 

Dende a organización da exposición ofrécese a posibilidade de crear grupos de visita, orientados especialmente a alumnos de centros educativos mosenses. Para elo os interesados deben poñerse en contacto coa oficina da OMIX no teléfono 986 33 94 04.