Información aos licitadores. ROLECE

INSCRICIÓN NO REXISTRO OFICIAL DE LICITADORES E EMPRESAS CLASIFICADAS DO ESTADO

En cumprimento do disposto nos artigos 301 a 307 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, creouse o Rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas do sector público. Agora tras a entrada en vigor da Lei 9/2017, de contratos do sector público, requírese esta inscrición para os licitadores que participen nos procedementos abertos simplificados, de acordo co artigo 159.

O Concello poderá acordar a utilización do dito procedemento aberto simplificado cando o valor estimado do contrato sexa igual ou inferior a 2.000.000 millóns de euros no caso de contratos de obras e, no caso de contratos de subministración e servizos, cando o valor estimado sexa igual ou inferior a 100.000 euros.

Sen o cumprimento do dito rexistro non será posible contratar con calquera Administración Pública mediante procedemento aberto simplificado, dende o 9 de setembro de 2018, de acordo coa disposición transitoria terceira da mesma lei de contratos.

Ademais a inscrición no Rexistro exime ás empresas de presentar en cada procedemento de contratación a documentación acreditativa da súa personalidade e capacidade de obrar, representación, clasificación e solvencia económica e financeira. No seu lugar poden achegar o seu certificado ROLECE, acompañado dunha declaración responsable na que fan constar que os datos que figuran nel non sufriron modificación algunha.

A inscrición no dito rexistro realizarase polos licitadores de modo telemático a través do enderezo electrónico https:// registrodelicitadores.gob.es, debendo acreditar a identidade do solicitante mediante uso dun certificado electrónico.

 

Descargas asociadas