Información importante sobre as mascarillas lavables reutilizables repartidas polo Concello a domicilio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos informamos sobre o reparto das 15.000 mascarillas a domicilio, que comezamos a semana pasada e continuará ao longo de toda esta semana, prevendo que quede rematado de cara á vindeira fin de semana.

E aproveitamos para dar unha información IMPORTANTE SOBRE COMO DESINFECTAR NA CASA, tras ser utilizadas, estas mascarillas reutilizables e lavables que estamos a repartir a domicilio desde o Concello de Mos:

1. Introducir a mascarilla no forno doméstico a 60º graos centígrados durante 30 minutos.

OU:

2. Lavar (preferiblemente a man e sen frotar) a mascarilla a 60-70º graos centígrados con deterxente e un tapón de lixivia, e secala ao sol.