Informe de viabilidade do Consorcio de Augas do Louro asinado por Eva García de la Torre

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Consorcio de Augas do Louro, integrado polos Concellos de Mos, Porriño, Tui e Salceda de Caselas, e presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de da Torre, aprobou en comité directivo un informe da viabilidade do abastecemento para o complexo deportivo e comercial en Mos. Dito informe foi aprobado e ratificado pola presidencia do Consorcio, é dicir, asinado pola propia Eva García. Non se entende agora este bandazo por parte do Porriño, que se contradice co aprobado anteriormente, deixando en evidencia a politización desta administración local.